Hoxe é Domingo 8 de Xuño de 2025

Festival de música e xogos tradicionais no torreiro da Gándara no Viso

RR_Noticias

Outubro en Festa é o nome deste evento que se enmarca dentro das actuacións do convenio interparroquial da Concellería de Cultura. A actividade festiva é aberta a tódolos públicos. Contarase con xogos tradicionais durante toda a tarde do sábado a partir das 17:00 horas e a velada estará amenizada por diversas formacións artísticas do Concello: Pandereteiras Semente Nova, Grupo de Baile da Chan das Pipas e Gaiteiros da Chan das Pipas

A Sociedade Cultural do Viso organizadora do evento anima aos veciños a se achegar a este sábado a partir das 17:00 horas no torreiro da Gándara, xunto o campo de fútbol da parroquia, para gozar deste festival musical e participar das actividades de xogos tradicionais para os asistentes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: