Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG redondelán demanda un plan de choque ante as restriccións de auga nas parroquias

RR_Noticias

O grupo nacionalista solicita unha xuntanza entre as comunidades de augas e as forzas políticas para colecer a situación de abastecemento nas parroquias. Por outra banda, o Concello vén de recuperar a Fonte do Cotiño, en Reboreda.

A situación de restriccións no abastecemento de auga para consumo humano en varias parroquias do Concello de Redondela séguese con preocupación dende a organización nacionalista. Consideran que, malia que a xestión recae nas Comunidades de usuarios, o goberno municipal “debe prestarlles toda a súa colaboración” xa que desenvolven un importante papel “na xestión dun ben básico como é a auga de consumo”. O concelleiro Xoán Carlos González propón que se convoque ás directivas das comunidades de augas e ás forzas políticas co fin de coñecer de primeira man “a situación de abastecemento e as demandas das Comunidades” e que se poñan “os recursos necesarios” para encarar o problema. A seca está a afectar aos mananciais de distintas zonas de Quintela, Saxamonde, Cedeira e Reboreda. Son as propias Comunidades as que están a regular o subministro, ben con restriccións no consumo diario, ben con cortes en determinados momentos do día. As previsións meteorolóxicas fan pensar que a seca manterase nas vindeiras semanas “e pasará bastante tempo ata que se recuperen os caudais”, segundo González. Por iso instan ao goberno de Javier Bas “a elaborar dun plan de choque de atención ás vivendas particulares” no que se recollan as medidas a adoptar “no caso de que as restricións cheguen ao subministro municipa”. Recalca o concelleiro nacionalista a necesidade de poñer en marcha medidas “para paliar a falla de auga para o consumo humano que estamos a sufrir” o que supón que en moitas vivendas se restrinxa o consumo de auga potable.
O Concello recupera a Fonte do Cotiño en Reboreda
A Fonte do Cotiño recuperou a seu caudal despois dos traballos levados a cabo polo Concello de Redondela. Tras deixar de botar auga hai tres semanas, o departamento de Vías e Obras realizou un estudo para determinar as causas. Comprobouse que os muros interiores se derrubaran sobre o manancial. Os traballos, nos que os veciños traballaron como voluntarios, consistiron na retirada dos restos anteriores e a creación dun novo cerramento de mellor calidade. A fonte, que recuperou o seu caudal de auga, forrouse de pedra e mellorouse o acceso. Segundo explica o departamento de María José Barciela, esta fonte ten gran afluencia de veciños tanto de Reboreda como de outras parroquias “debido a que ten unha moi boa calidade da auga, como demostran as analíticas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará