Hoxe é Venres 30 de Maio de 2025

O grupo de percusión Odaiko ofrece en Chapela o seu espectáculo “Vaia banda”

RR_Noticias

Acompañados da Banda de Música da parroquia, ofrecerán un espectáculo de música e humor que se poderá seguir na Alameda de Chapela o domingo 23 ás 21:00 horas. Un concerto didáctico pensado por e para o público infantil e adulto que ofrecerá unha viaxe musical da man do humor.

Odaiko leva a Chapela o seu terceiro proxecto acompañado da Banda de Música. Como se dunha volta a España se tratase, ofrecen unha viaxe na que repasan parte da literatura musical presente en cada unha das rexións do país. Todo isto acompañado cunha divertida posta en escena, onde todo tipo de instrumentos de percusión serán os encargados de dar a entender a historia destes 4 intrépidos embaixadores do ritmo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: