Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños dos Eidos divididos entre o mantemento do histórico cemiterio ou o seu trasladalo

RR_Noticias

O cemiteriodos Eidos, situado no centro urbán de Redondela, presenta un evidente estado de abandono. Construído en 1833, posúe un gran valor artístico e histórico, pero o seu estado actual é “lamentable”, como denuncian os veciños. Os residentes da zona divídense entre aqueles que apostan porque se rehabilite este patrimonio e os que prefiren que os restos sexan trasladados para facer nese lugar unha praza pública.  

No que todos coinciden é na falta de mantemento das instalacións. O cemiterio conta con tallas e panteóns de femosa arquitectura, e nel descansan os restos de ilustres peroeiros da historia local, como os exalcaldes Ramón Pardo Ferro e Luís Telmo Bernárdez, o médico e político Alejandro Otero ou o alférez de navío J. O Dogherty Browne, un dos heroes da batalla de Pontesampaio. Tamén alberga unha fosa común na que foron enterrados 42 represaliados da Guerra Civil no ano 1936. Por iso moitos entenden que este patrimonio histórico e artístico debe conservarse “no seu emprazamento orixinal cun mantemento axeitado”, como explica Fabián, que rexenta un comercio na zona. Outros afirman que a día de hoxe “non ten sentido mantelo” nese emprazamento. Loli sinala que deberían trasladarse os restos a outros cemiterios municipais e crear no lugar unha praza pública, xardíns ou un parque. Veciños como Jaime, que vive fronte á entrada do cemiterio, non entra a valorar se sería mellor a retirada do camposanto, pero insiste en que de manterse no seu emprazamento actual debería estar “en boas condicións”. Advirte que non é de recibo o seu estado actual, de total “abandono” e empraza a propietarios e Concello a adoptar unha decisión. Moción PSOE O grupo municipal socialista denuncia tamén “o estado de notable deterioro” deste cemiterio e dos seus muros. Para o PsdG é “unha obriga” loitar pola persevación do patrimonio histórico, polo que vai propoñer no pleno da corporación que se realice un estudo integral para a recuperación, persevación e posta en valor do Cemiterio do Eidos. Demanandan unha actuación no muro deteriorado, un maior coidado e mantenemento nos xardíns e limpeza, a eliminación de barreiras arquitectónicas, a restauración das tallas e elementos deteriorados e a instalación de elementos que informen da historia do cemiterio e dos persoeiros e persoeiras que xacen alí.

Estado calamitoso
Loli sinala que o cemiterio presenta un estado calamitoso e de abandono.
Patrimonio histórico e cultural
Fabián advirte que se trata dun cemiterio cun alto valor artístico e histórico.
Parque público
Algúns veciños apostan por trasladar os restos e crear no seu lugar unha praza pública.
Mantemento deficiente
Jaime advirte que se a decisión é manter o cemiterio no seu emprazamento actual é urxente tomar medidas para rehabilitalo e mantelo en boas condicións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará