Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A I edición da Festa do Choco deixou unha débeda de 2,5 millóns de pesetas

RR_Noticias

Os fundadores da cita gastronómica que este ano celebra a súa XXX edición amósanse satisfeitos da repercusión que este evento acadou co paso dos anos, un éxito que xa se presaxiaba nesa primeira edición cando foron 15.000 persoas as que se achegaron a unha festa que acababa de nacer. Malia a presenza de público e o éxito de ventas “esgotáronse os 4.000 kilos de choco que se compraran para a ocasión” o balance económico foi nefasto “2,5 millóns de débeda que tivemos que pagar coas ganancias que nos deu a festa nos anos posteriores”.

Hai trinta anos un grupo de hostaleiros de Redondela decidiu poñer en marcha a Festa do Choco para promocionar o noso concello. “Poucos creían en nós cando nos embarcamos neste proxecto” aseguran “tivemos que chamar a moitas portas para conseguir poñer en marcha a festa, traballar moito e arriscar o noso patrimonio para a compra do choco”. Un esforzo que ven recompensado cando observan o éxito da celebración, declarada de interese turístico de Galicia e que espera reunir esta fin de semana en Redondela a 30.000 persoas. Ademais este ano faráselles unha pequena homenaxe ás 13:00 horas do domingo. Manolo Conde de Casa Paco, Juan Antón de Resturante Antón e Carlos Crespo propietario do antigo Stop estiveron no cerne desta actividade xunto con Enrique Tuche (Porrón), Jose Manuel Durán (Central), Fernando Covelo (Bar Nando), Perfecto Vidal (Bar Vidal), Pucho Barciela (Bar Barciela) ou Jaime Villaverde, único dos impulsores que continúa colaborando na súa organización. Dende os seus inicios houbo moitos cambios, sendo o máis salientable o da data na que se celebra, xa que a primeira edición convocouse en setembro. Lembran que o tempo ameazou con chuvia pero que finalmente “tivemos sorte porque aínda que ameazaba chuvias finalmente o día aguantou”. Iso fixo posible que se despachara todo o choco e que foran ao redor de 15.000 as persoas que se achegaron á Alameda, que era onde estaba instalado o estand. Unhas boas cifras que con todo non garantiron a viabilidade económica da festa “tivemos unha débeda de 2,5 millóns de pesetas que conseguimos compensar coas ganancias das edicións posteriores”. Tres décadas despois a festa segue en pé e xa está todo en marcha para que a carpa instalada no Campo da Feira se encha de público na fin de semana.  

30 anos de historia
Carlos Crespo Manolo Conde e Juan Antón lembran o éxito da primeira edición
Unha débeda de 25 millóns de pesetas
Compensárona cos beneficios das edicións posteriores

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará