Hoxe é Domingo 15 de Xuño de 2025

Soutomaior contratará 17 desempregados con cargo á Deputación

RR_Noticias

O Concello de Soutomaior recibirá 106.688 euros este ano, dentro do Plan Concellos da Deputación, que se destinarán á contratación de persoal para fomentar o emprego neste municipio. En concreto, o Concello contratará a dous albaneis oficiais de primeira, catro peóns de obra pública en xeral, un fontaneiro, tres peóns forestais, dous auxiliares de biblioteca, dous albaneis oficiais de segunda, un peón de obra pública en xeral e dous peóns forestais.

A selección do persoal levarase a cabo a través dos Servizos Públicos de Emprego, entre as persoas desempregadas non perceptoras de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI, PREPARA e outros). O concello elixirá aos traballadores entre os candidatos xa preseleccionados pola oficina de emprego e que lle sexan reenviados dende este servizo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: