Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE reclama a retirada dos materiais contaminantes empregados no Paseo do Maceiras

RR_Noticias

Denuncian que tras as inundacións puxéronse ao descuberto as deficiencias constructivas na obra. Reguera asegura que nos dous últimos tramos do paseo empregáronse “refugallos de obras que conteñen restos de formigón e aglomerado, materiais que non son propios para a recuperación medioambiental dos ríos pola contaminación que producen no entorno”.

Explican os socialistas que despois das recentes inundacións que asolagaron o val do Maceiras e parte do casco urbano puxéronse ao descuberto as deficiencias construtivas da senda peonil que comeza nas inmediacións do Convento de Vilavella e finaliza no lugar de Fortóns en Cedeira. Ao longo dos dous últimos tramos, pódese observar que a capa base que debería estar compactada, atópase formada por refugallos de obras que conteñen restos de formigón e aglomerado, materiais que non son propios para a recuperación medioambiental dos ríos pola contaminación que producen no entorno e iso que “malia na presentación do proxecto, o alcalde Javier Bas e o concelleiro de Medio Ambiente Miguel Álvarez Ballesteros, sinalaron que sería unha obra respectuosa coa biodiversidade polo que se empregarían materiais acordes para a súa integración no medio.
Ante esta situación o edil socialista Eduardo Reguera solicita “a inmediata retirada da capa base que contén restos de materiais contaminantes nos dous últimos tramos do paseo peonil do río Maceiras e que se faga a recuperación do paseo peonil con materiais que non alteren a biodiversidade”. Unha petición que trasladarán ao pleno que se celebra hoxe.
Critican ademais “o intento de ocultación do acontecido por parte do PP xa que cando zona constituía un perigo polas choivas, carecía de tanta protección e incluso non foi ata o último día de inundacións cando sinalizaron a zona que levaba dous días alagada. Pero agora sen a situación das inundacións, atopáse un valado que esconde os materiais contaminantes”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará