Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O alumnado do Instituto San Simón clama por celebrar un 25 de novembro sen vítimas

RR_Noticias

Redondela vive o día conta a violencia de xénero con actos institucionais, artísticos e xornadas informativas. Uns actos que arrancaban ás doce do mediodía co tradicional manifesto institucional ás portas do Concello coa lectura dun texto redactado polo alumnado do instituto San Simón e un espectáculo a cargo de Anxela Blanco quen presentou unha performance baixo o título Penélopes “unha experiencia plástica e corporal, un ritual liberador compartido que irrompe no cotiá para mover a reflexión”.

Unhas actividades que serven para visibilizar a violencia de xénero que  tamén existe en Redondela. Son varios os casos que se están a controlar e orientar dende o Centro de Información ás mulleres (CIM) no que se asesora a todas as vítimas. Con todo, a concelleira da muller Teresa París insiste en que erradicar esta violencia é cousa de todos porque en moitos casos as propias vítimas non son conscientes da situación na que están a vivir ou non son quen de facerlle fronte. Precisamente nese aspecto afondou o texto lido a catro voces polo alumnado do Instituto San Simón. Ismael García era o primeiro en levantar a voz para denunciar os 48 asasinatos contabilizados este ano “nais, amigas, fillas ou compañeiras que xa non volverán”. Antía Rubín insistía na idea de que malia a existencia de axudas institucionais en moitos casos “as mulleres están atrapadas, incapaces de rachar coa situación que as mantén nese círculo de violencia”. A voz de Lucas Martínez servía para berrar un “non ao medo” e animaba ás mulleres a buscar unha saída. Pechaba esta intervención Patricia García quen manifestaba osue desexo “por celebrar un 25 de novembro sen vítimas”. Esta tarde terán lugar unha xornadas nas que se analizará dende diferentes aspectos a cciberviolencia de xénero, coa que se define o control extremo que sofren algunha mozas por parte dunha parella ou o acoso ao que se ven sometidas por parte de descoñecidos a través de Tuenti ou Facebook ou o propio wasap. O obxectivo das xornadas que organiza esta tarde a Concellería da Muller busca dar aos pais e as nais ferramentas para detectar estas situacións así como mecanismos para que os máis pequenos poidan navegar por internet de xeito seguro. As xornadas arrancarán ás 17:00 horas cunha conferencia a cargo do policía especializado en cibervixilancia Santiago Martín Pardo. A continuación a enxeñeira informática Sonia González impartirá un obradoiro de control parental, cuxa finalidade será guiar aos asistentes sobre como protexer aos nenos dos riscos potenciais da navegación pola internet, principalmente polas redes sociais. As xornadas rematarán co obradoiro “O termómetro” ás 19:30 horas no que se exporán diferentes casos prácticos de xeito que pais e nais sexan quen de detectar riscos de violencia de xénero nas redes sociais. Angeles Ceballos, Alvaro Núñez e Jacqueline Míser, profesionais da educación e a psicoloxía, serán os encargados de conducir esta actividade.  

Ismael García
48 asasinatos
Antía Rubín
Mulleres atrapadas
Lucas Martínez
Dicir non ao medo
Patricia García
Por un 25 de novembro sen vítimas da violencia de xénero

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará