Hoxe é Domingo 25 de Maio de 2025

Unha historia de golfiños para dar a coñecer a enseada de San Simón aos máis cativos

RR_Noticias

O libro ilustrado “As aventuras dos golfiños” presentarase o venres 12 ás 20:00 horas no Multiusos do Piñeiral do Crego en Chapela. Unha historia escrita por Purificación Serrano e Paula Gozalo, ilustrado pola pintora Purificación García que convida ao pequenos a achegarse a ría, coñecer a súa toponimia e vivir unha aventura pola enseada.

Orientado a nenos e nenas ata os sete anos de idade, este libro editado pola Concellería de Cultura ven acompañado dun “obradoiro para emocionarte”. Unas unidades didácticas que servirán para que país e mestres traballen cos pequenos aspectos diversos cunha orientación pedagóxica. Ademais, coa simple lectura do conto os cativos achegaranse a personaxes vencellados a nosa enseada como o Capitán Nemo, coñecerán a toponimia das nosas praias e contorna e vivirán unha aventura debaixo do mar. Este libro é un proxecto que levaron a cabo dúas autoras de Redondela, vinculadas ambas ao mundo da educación infantil: Purificación Serrano Caviedes e mais Paula Gozalo con ilustracións de Purificación García. Na publicación colabora o Departamento de Cultura do Concello de Redondela, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística.  

Purificación Serrano coautora
Fálanos do libro
Obradoiro para enamorar
Unidades didácticas para traballar cos nenos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: