Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela promove o seu comercio

RR_Noticias

Co gallo de animar aos veciños a mercar no comercio da parroquia, un total de 103 establecementos poñen en marcha nestas datas de Nadal unha campaña con suculentos premios. Os clientes que fagan as súas compras nalgún dos comercios adheridos á campaña poderán gañar entre outros premios unha viaxe a Punta Cana con todo incluído. A iniciativa conta coa colaboración do Concello.

Os 103 comercios participantes repartirán un total de 50.000 participacións entre os seus clientes. Unhas participacións que lles dará a posibilidade de facerse con algúns dos premios sorteados: unha viaxe a Punta Cana con todo incluída, unha fin de Semana en Hotel Balneario Oca Aguas Santas en réxime pensión completa e un terceiro premio consistente en dúas noites nunha Casa de Turismo Rural en Galicia en réxime de Aloxamento e Almorzo.
Recibirán estes premios aqueles boletos cuxa numeración coincida coas 5 cifras do primeiro, segundo e terceiro premio do “Sorteo Extraordinario de El Niño” da Lotería Nacional que se celebra o 6 de xaneiro de 2015.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará