Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Trasmañó estuda recuperar a gandería autóctona nos montes da parroquia

RR_Noticias

A Comunidade de montes de San Vicente de Trasmañó traballa nun proxecto para a recuperación no monte da gandería tradicional con explotación de especies autóctonas como o porco celta ou a cabra. O obxectivo sería dobre xa que estas explotacións permitirían dar traballo a comuneiros que se atopan actualmente desempregados e a existencia destes animais garantiría a limpeza do terreo e a prevención dos incendios forestais.

A explotación gandeira é un proxecto a medio prazo xa que, segundo explicou o presidente da Comunidade de montes, Fernando Magdalena, “é unha proposta a dous ou tres anos vista”. Con todo, os comuneiros teñen en marcha outras iniciativas orientadas a por en valor o monte da parroquia e en breve teñen previsto realizar rutas arqueolóxicas para visitas os xacementos máis importantes da zona onde se concentran importantes petroglifos e outras construccións prehistóricas. De feito, traballan xa co arqueólogo Xurxo Constenla de cara a que as visitas guiadas sexan unha realidade canto antes. Mentres os voluntarios están a desenvolver diferentes accións directas para sensibilizar á cidadanía na necesidade de manter limpo o monte. Recentemente retiraban preto de 8 toneladas de lixo do monte e durante o verán traballarán conxuntamente cos efectivos da Xunta de cara a evitar os incendios forestais. Uns grupos de vixilancia que estarán en activo na tempada estival, cando o risco de lume é máis elevado e que recibirán formación en prevención e extinción de incendios. As persoas interesadas en colaborar como voluntarios poden poñerse en contacto coa Comunidade de montes no teléfono 608 885 203.  

Fernando Margdalena Comunidade de montes Trasmañó
Explica en que consistiría o proxecto de explotación gandeira
Rutas arqueolóxicas
Un xeito de poñer o monte en valor
Patrullas de vixilancia
Os voluntarios traballarán na prevención dos incendios

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará