Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unhas xornadas difunden o patrimonio industrial na enseada

RR_Noticias

Os cargadeiros de wolframio durante a II Guerra Mundial ou a fábrica do Alemán son tan só algúns dos máis de sesenta elementos de interese patrimonial que se poden atopar na enseada de San Simón. Unha riqueza que dende o Concello queren dar a coñecer motivo polo que organizan, en colaboración coa empresa Citania, as I xornadas sobre patrimonio industrial en Rande que se van desenvolver os días 22 e 23 de marzo.

As xornadas contarán coa presenza de dous destacados especialistas, o catedrático en Historia económica da USC, Xoán Carmona Badía e o xornalista e especialista en patrimonio de Rande, Eduardo Rolland. Eles serán os encargados xunto co arqueólogo Xurxo Cónstela de dirixir a charla que  se vai desenvolver na tarde do venres no Multiusos da Xunqueira logo da proxección do vídeo “A voz da conserveira” elaborada por Cuchi Carreira e a cooperativa Trespés. O obxectivo das xornadas, que nacen con vocación de continuidade, é dar a coñecer os diferentes elementos do patrimonio histórico que se poden atopar na enseada así como a súa importancia como parte da historia contemporánea do noso concello, comarca e, en xeral, de Galicia. Unha parte teórica na tarde do venres no Multiusos que o sábado se completará cunha saída en barco pola enseada, que servirá aos asistente para coñecer de primeira man todo o patrimonio do entorno e que incluirá unha parada no recen construído Museo Meirande, Centro de Interpretación da batalla de Rande.As xornadas son gratuítas e abertas a todo o que se queira achegar o venres ás 18:00 horas no Multiusos da Xunqueira. 

Xurxo Constela arqueólogo
Un rico patrimonio industrial
Mesa redonda
Unha conversa participativa na tarde do venres no Multiusos
Saída en barco
Os participantes visitarán o centro Meirande

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará