Máis de 200 rapaces de entre 6 e 15 anos terán a oportunidade de participar na nova edición deste certame, no que ademais de fútbol practicarán baloncesto, natación, piragüismo e participarán noutras actividades lúdicas. Será do 9 ao 14 de xullo no campo de fútbol de Santa Mariña, e do 30 de xullo ao 4 de agosto en Arcade. Este ano o campus incorpora a novidade unha sección con adestramentos específicos para porteiros, que estará dirixido por Toño Pana.
O prazo de inscrición está aberto ata a primeira semana de xullo, pero son xa máis de 120 os rapaces inscritos no II Campus Fútbol Cracks, que este verán se vai celebrar en Redondela e Soutomaior. Os participantes, ademais de recibir adestramentos específicos de fútbol, gozarán doutras prácticas deportivas e lúdicas. Baloncesto, fútbol sala, rutas en kaiak e xogos no parque Indiana Bill son outras das propostas. Este ano o “Fútbol Cracks” incorpora como novidade unha sección con adestramentos específicos para porteiros, dirixido por Toño Pana, co que se dá resposta á demanda daqueles rapaces que xogan ó fútbol nesta posición. A presente edición está apadriñada polos futbolistas profesinais Rubén González, xogador do Osasuna, e Denís Suárez, do Manchester City. Os dous futbolistas salientaron a importancia deste tipo de iniciativas, “moi beneficiosas para os rapaces”, xa que poden misturar a práctica do seu deporte favorito con outras actividades lúdicas e facer amigos. Na presentación do campus “Fútbol Cracks” participaron tamén o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e o concelleiro de Deportes redondelán, Jesús Crespo. Os dous coincidiron en salientar o éxito que tivo nas anteriores edicións, unha iniciativa que valoran como “moi interesante e saudable” para os rapaces, polo que animan ás familias a que participen. Satisfacción O director do campus, Héctor Quijeiro, amosouse moi satisfeito coa boa acollida das actividades, xa que un 97% dos participantes da pasada edición valoraron o campus como una iniciativa “boa ou moi boa”, e 91% aseguran que “repetirán a experiencia”. O prezo do campus é de 55 euros no caso de participar unha semana, e 100 euros para os que asistan as dúas semanas. Os interesados en participar poden facer o ingreso e entregar a ficha de inscrición nas oficinas de Novagalicia Banco de Redondela, Chapela ou Arcade.
Un amplo programa de actividades para seis días de campus.
Os dous futbolistas profesionais falan dos beneficios que estas actividades teñen para os rapaces.
O alcalde de Soutomaior e o concelleiro de Deportes de Redondela salientan o éxito do campus en anteriores edicións e animan ós rapaces a participar.









