Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

División entre os redondeláns ante a proposta de que os parados fagan traballos sociais

RR_Noticias

O ministerio de Emprego expuxo a posibilidade de que aqueles que perciben unha prestación por desemprego realicen traballos sociais, unha opción que contempla a reforma laboral. Os veciños de Redondela amósanse divididos ante esta proposta. Uns rexéitana, defendendo que o subsidio por desemprego “é un dereito do traballador” ao tempo que advirten que “destruirá” postos de traballo. Os que apoian a medida entenden que será “positivo” que aqueles “que cobran do Estado” fagan algún labor que redunde no beneficio da sociedade.

A ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, expuxo ás Comunidades Autónomas a posibilidade de que aquelas persoas que perciben prestacións ou subsidios de desemprego, realicen traballos sociais. A reforma laboral contempla esta posibilidade, aínda o ministerio non concretou se os parados poderán negarse a realizar estes servizos á comunidade. Asegura Báñez que non se producirá un efecto de “substitución” que leve a despedir traballadores para que os parados fagan o seu traballo. Pero iso é precisamente o que denuncian os sindicatos, que entenden que a medida “destruirá emprego”. En Redondela os veciños amósanse divididos ante esta proposta. Moitos defenden o argumento dos sindicatos. Moitos, como Darío, entenden que a decisión da ministra “non é a solución para reducir o paro”, e defenden que a prestación por desemprego é “un dereito adquirido”. É o caso de Raquel, que lembra que aqueles que teñen unha prestación “é porque xa o cotizaron mentres traballaron”. Para outros a medida ten unha dobre lectura. Ana explica que por unha parte é positiva porque os parados “contribúen” co seu traballo ó conxunto da sociedade, pero que pode ter unha vertente negativa, xa que pode “destruír emprego”. Apunta que unha boa solución sería destinar ós parados a facer traballos para os que normalmente “non se contrata a ninguén”, como a limpeza de montes ou ríos. Nesta mesma liña, Dani tamén defende que sería “positivo” que os que cobran unha prestación fixesen traballos para mellorar de conservación medioambiental. Algúns, como Ricardo e Gustavo, mesmo entenden que pode ser beneficioso “para os propios desempregados”, xa que pode servirlles de formación para acadar máis experiencia laboral.  

Darío empregado de hostalaría
Para este veciño a medida non resolve o problema do paro.
Raquel estudante
Esta veciña entende que a prestación por desemprego é un dereito adquirido polos traballadores.
Ana empregada do transporte
A favor da medida aínda que recoñece que pode producir un efecto sustitución.
Dani autónomo
Defende que os parados fagan traballos como a limpeza de ríos ou montes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará