Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dúas xeracións expoñen as súas “Lembranzas” na Casa da Torre

RR_Noticias

A experiencia e o clasicismo de Ramón Álvarez e a innovación e xuventude da súa filla, Nicolasa Álvarez, únense na mostra Lembranzas que se pode visitar na casa da Torre ata o vindeiro 4 de outubro.

Oito cadros son os que compoñen esta exposición onde dous artistas redondeláns, Ramón Álvarez e Nicolasa Álvarez, pai e filla, expoñen as súas experiencias a través da súa obra pictórica. Dúas xeracións unidas por unha mesma paixón, a pintura, pero con estilos moi diferentes. Dos cadros de paisaxes e animais, a lápiz sobre papel de Ramón, pasamos ás obras a óleo de Nicolasa, onde a figura humana se converte en protagonista. Unha mostra moi heteroxénea na que destacan pola súa innovación dous cadros de Nicolasa, un polo formato empregado, un lenzo redondo de un metro de diámetro, que ten por nome Nena, e no que podemos ver a unha cativa no seu cumpreanos. A outra obra trátase dun díptico, que ten a súa orixe nunha fotografía. Un cadro en dúas partes nas que podemos ver monxas fumando. Dous xeitos moi distintos de entender a pintura pero que se conxugan á perfección nesta mostra que se inauguraba o pasado 11 de setembro na casa da Torre baixo o nome de Lembranzas e que permanecerá aberta ata o 4 de outubro.

Nicolasa Álvarez
Nicolasa unha das autoras da exposición da Casa da Torre fálanos da mostra.
Nicolasa Álvarez obras máis chamativas.
A artísta coméntanos dúas das obras máis chamativas: "Nena" polo seu formato redondo e o díptico "As Monxas".

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará