www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Setembro de 2020


Cultura • 15/09/2020

O prazo para participar neste concurso fotográfico remata o martes 3 de novembro. Ata esa data todos os que estean interesados poden remitir as súas imaxes en formato impreso a sede do colectivos no Círculo Cultural de Cesantes e o formato dixital ao enderezo obradoiro@estudoslocais.org. Os premios repartiranse entre as dúas categorías convocadas, un premio xuvenil orientado a menores de 16 anos e a categoría de adultos para maiores desa idade. Tamén hai un premio especial á mellor fotografía dotado con 175 euros. As bases pódense consultar na páxina web do Obradoiro.


Sociedade • 14/09/2020

O regreso ás aulas en Infantil e Primaria comezou en Redondela con protestas. As ANPAS denuncian "a falta de previsión" da Consellería e piden máis medios. As familias enfróntanse ao novo curso "con preocupación", aínda que a maioría recoñecen que "era necesario que os nenos volveran ao cole". En Secundaria o inicio adíase unha semana, ata o 23 de setembro.


Deporte • 14/09/2020

A XXIV Bandeira Concello de Redondela de Bateis disputouse onte fronte ao paseo de Cardona, organizada polo Club Remo Chapela. O club redondelán conquistou a vitoria na categoría infantil masculina, ademais de catro medallas de prata e un bronce en diferentes categorías. O C.R. Mecos dominou a proba, ao facerse con catro das dez bandeiras en xogo.


Institucional • 14/09/2020

A Concellería de Vías e Obras de Redondela deu por rematados os traballos de mellora e asfaltado da rúa San Xoán de Arcal, en Redondela, unha rúa que se atopaba nun estado "deplorable" e na que as veciñas e veciños viñan, dende hai anos, reclamando a súa reparación. Rematada esta actuación está previsto que esta mesma semana se acometan os traballos de asfaltado na rúa que leva cara a Ventosela.


Institucional • 14/09/2020

O Concello inicia hoxe a distribución de máis de 3.200 máscaras de protección entre o alumnado de infantil, primaria e ESO dos centros públicos do municipio. Unha medida que responde á "fonda preocupación" do Concello ante un inicio de curso rexido por un protocolo "claramente mellorable" e no que o Goberno local, aínda carecendo de competencias nesta materia "fará todo o posible por garantir a saúde e seguridade dos nosos nenos e nenas" explica a concelleira de ensino, Olga García.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [2] [3] [4] [5] [6]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Set 2020 >>
LMMXVSD
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930    

Próximos Eventos...
Luns, 21 de Setembro de 2020 - 12:00
Suvbencións: Igualdade
Os colectivos que organicen actividades de promoción da muller e a igualdade teñen de prazo para solicitar as axudas municipais ata o 21 de setembro. Máis información na páxina www.redondela.gal
Domingo, 27 de Setembro de 2020 - 12:00
Axudas comedor escolar
As persoas interesadas en solicitar as axudas de comedor escolar para nenos escolarizados en centros público do municipio teñen de prazo ara o 27 de setembro. Máis información na páxina web www.redondela.gal
Venres, 30 de Outubro de 2020 - 12:00
Axudas polo Covid
O Concello ten aberto ata o 30 de outubro o prazo de presentación de solicitudes para acceder ás axudas sociais orientadas a familias que se viran afectadas polo COVID-19. Máis información en www.redondela.gal
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
00:00 - 18 Rodas
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia