www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 17 de Novembro de 2019


Sociedade • 15/11/2019

Pais e nais do colexio Igrexa en Chapela xunto co alumando do centro realizaron esta mañá unha pequena marcha para denunciar o mal estado do camiño que diariamente teñen que percorrer moitos dos rapaces que acoden a este colexio "unha vía estreita, sen beirarrúas e especialmente perigosa". Reclaman tamén que se instale canto antes o sistema de calefacción no centro.


Cultura • 15/11/2019

Cándido Pazó foi o encargado de adaptar e dirixir esta obra de Tanxarina Títeres que se poderá ver este domingo no Multiúsos da Xunqueira ás 18:00 horas enmarcado dentro do ciclo de teatro infantil que organiza a concellería de cultura. A galiña azul adapta o conto de Carlos Casares para actores e bonecos. Miguel Borines, Andrés Giráldez e Eduardo Tatán levan ás táboas unha montaxe que conta con escenografía e monicreques de Pablo Giráldez Pastor e música de Paco Barreiro.


Sociedade • 15/11/2019

O Obradoiro Fernando Monroy ten unha cita dobre este sábado no Círculo Cultural e Deportivo de Cesantes. A partir das 18:30 realizará a habitual entrega de premios do concurso de fotografía, un acto que este ano tamén incluirá a presentación do calendario conmemorativo da fundación do Unión Deportiva Arenas de San Simón.


Deporte • 15/11/2019

O Multiúsos de Arcade acolle este venres ás 20:30 horas a terceira edición dunha gala que  busca homenaxear e recoñecer a labor de deportistas a nivel particular así como de clubs e entidades a favor do deporte local. O acto será presentado por Terío Carrera e o humorista Víctor Grande.


Sucesos • 15/11/2019

O temporal de vento e choiva que azoutaba o litoral na xornada de onte deixaba pequena incidencia en Redondela, caída de polas, balsas de auga e pequenos asolagamentos. O incidente máis importantes acontecía na N-550, a estrada que comunica Pontevedra e Vigo aos seu paso por Redondela, pouco antes da sala de festas Bolero, onde caída unha árbores na estrada provocando o corte da circulación en sentido Vigo. As retencións prolongáronse durante unha hora ata que  se liberou a calzada sobre as 15:30 horas.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Ago 2019 >>
LMMXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 

Próximos Eventos...
Luns, 25 de Novembro de 2019 - 12:00
Excursión a Perlim
Pazos de Borbén organiza unha viaxe o 1 de decembro ao parque temático de Nadal de Perlim, situado nas proximidades do Porto. O prazo de inscrición finalizará o 25 deste mes. O prezo da saída é de 33 euros por persoa.
Hoxe na Radio