www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 22 de Novembro de 2019


Cultura • 21/11/2019

A música da Orquestra de Saxos de Redondela deulle a benvida ao músico navarro que amosou a súa felicidade por regresar á Vila dos Viadutos preto de dúas décadas despois da súa última visita. Incombustible, Pedro Iturralde, demostrou que aos seus noventa anos continúa coa mesma enerxía e destreza que hai sete décadas, cando comezaba a súa carreira musical. Este venres teremos a oportunidade de comprobalo riba do escenario, no concerto que vai dar no Multiúsos da Xunqueira, ás 20.00 horas, con entrada de balde.


Institucional • 21/11/2019

A estrea do espectáculo Literarias, este domingo ás 19:30 horas no Multiúsos, será o acto central dun programa no que se inclúen charlas, exposicións e moitas referencias ao conto de Pepe e Pepa, unha historia en torno a unha escaleira na que cada chanzo supón un paso dentro da violencia de xénero, dende o control dentro da paralle, pasando polo insulto ata chegar á agresión física. O acto institucional celebrarase o luns 25, día internacional contra a violencia machista, na praza do Concello ás 11:00 horas.


Deporte • 21/11/2019

O Pazos de Borbén F.S. comezou a liga en Terceira División de xeito irregular, logo de sufrir importantes baixas no plantel. O técnico sinala que moitas das derrotas foron "moi axustadas" e que ao equipo estalle a faltar "un chisco de sorte". O sábado perderon ante o Stellae no último minuto, pero Amoedo está convencido de que os resultados mellorarán nas próximas xornadas.


Sociedade • 21/11/2019

Os traballos, que consistirán en demoler parte do edificio para poder así adaptalo a legalidade urbanística, xa comezaron coa colocacións dos andamios. Unha actuación que xa desatou o cruce de acusacións entre os partidos políticos. Mentres no PP se felicitan por unha actuación que "é posible grazas a que o anterior goberno deixou pechado un expediente con orde de demolición para a parte non legalizable do edificio" dende o BNG lembran que "o goberno de Javier Bas pretendía mercar con fondos públicos o edificio ilegal de Chapela" e que foi a presión veciñal e dos grupos da oposición a que non permitiu que se cometera esa ilegalidade.


Política • 21/11/2019

O BNG denuncia atrasos na atención primaria en Soutomaior e convocan unha manifestación en defensa da Sanidade pública para o vindeiro domingo 1 de decembro. Unha nova protesta ante a negativa do Sergas a cubrir as baixas dos facultativos e que se traduce nun incremento nas listas de espera. Aseguran que obter unha cita de atención primaria demórase por máis de 10 días.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xan 2020 >>
LMMXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Próximos Eventos...
Venres, 22 de Novembro de 2019 - 20:00
Old Friends Memories
O veterano músico Pedro Iturralde actúa este venres 22 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Un concerto no que estará acompañado de diferentes formacións do Conservatorio de Redondela. Entrada de balde
Sábado, 23 de Novembro de 2019 - 17:30
Festival Bailemos polos peques
O auditorio da Xunqueira acolle o sábado 23 ás 17:30 o festival "Bailemos todos polos peques a favor de Unicef. Organiza asociación Piyopi. Entrada 5 euros.
Sábado, 23 de Novembro de 2019 - 20:00
Concerto en Arcade
O Multiúsos de Arcade acolle o sábado 23 de novembro ás 20:00 horas un concerto a cargo da Bada Artística de Arcade co gallo da conmemoración de Santa Icía. A actuación contará coa colaboración de solistas convidados.
Sábado, 23 de Novembro de 2019 - 20:00
Concerto Ducho Vidal
O Multiúsos do Piñeiral acolle o sábado 23 un concerto cargo do músico local Ducho Vidal. O venres 23 ás 20:00 horas con entrada de balde. Organiza Concellería de Cultura.
Sábado, 23 de Novembro de 2019 - 21:00
Ruta Monte Penide
Continúan os roteiros para coñecer o patrimonio. Este sábado o concello e A Citania organizan unha ruta noturna polos petróglifos de monte penide/Mirallo. Inscrición 600381782.
Luns, 25 de Novembro de 2019 - 12:00
Excursión a Perlim
Pazos de Borbén organiza unha viaxe o 1 de decembro ao parque temático de Nadal de Perlim, situado nas proximidades do Porto. O prazo de inscrición finalizará o 25 deste mes. O prezo da saída é de 33 euros por persoa.
Mércores, 27 de Novembro de 2019 - 12:00
Campamento de Nadal
O Concello oferta 165 prazas dentro do seu programa de conciliación de Nadal que se desenvolverá do 23 de decembro ao 3 de xaneiro para rapazada de 3 a 14 anos. Inscrición no rexistro municipal antes do mércores 27.
Venres, 29 de Novembro de 2019 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello. O venres 29 de 10.00 a 14.30 horas e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia