Hoxe é Sábado 14 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Resultados da busqueda:

Literatura nas ondas: 24 horas en la Roma de Nerón

Mª Elena Becerra proponnos unha inmersión na vida cotiá da capital do imperio. Un libro de Dimitri Tilloi-d’Ambrosi que nos permite seguir o día a día dos cidadás romanos acompañándoos polas rúas da capital, os templos, os palacios, o circo… Dende as Bibliotecas municipais póñennos en contexto cunha viaxe que nos leva ata os tumultuosos tempos do emperador Nerón.

Ler máis »

Literatura nas ondas: La señora March

A recomendación literaria que nos deixa nesta ocasión Mª Elena Becerra, dende as Bibliotecas de Redondela, achéganos a un thriller psicolóxico protagonizado pola Señora March da escritora madrileña Virginia Feito. Unha novela absorbente que foi todo un éxito de público e crítica.

Ler máis »

Literatura nas ondas: Dulce María Loynaz

Mª José Villar fálanos hoxe da escritora cubana Dulce María Loynaz, do seu poemario “Bestiarium” e de “Dulce herbario” de Juan Kruz Igerabide. Dúas novidades na Biblioteca de Creotz ediciones.

Ler máis »

Literatura nas ondas: Día do Orgullo

As Bibliotecas Municipais celebran tamén o Día do Orgullo lembrando que a temática LGTBIQ+ está tamén moi presente na literatura. Mª José Villar dende a Biblioteca de Chapela fálanos de catro propostas que podemos atopar nese espazo. “Carol” de Patricia Highsmith, “Flores particulares” de Nora Eckert, “Tan poca vida” de Hanya Yanagihara e o libro infantil “El secretode Abelardo” de Blanca Lacasa son as catro propostas que nos deixa este espazo literario na Radio Municipal.

Ler máis »

Literatura nas ondas: Dúas novelas e unha homenaxe

Mª José Villar, dende a Biblioteca de Chapela fálanos de tres novelas: “El descontento” primeira novela de Beatriz Serrano, “Los vencejos” do veterano autor Fernando Aramburu e unha homenaxe ao recentemente falecido Paul Auster, coa súa última novela “Baumgartner”. Tres libros aos que nos podemos achegar a través do servizo da Biblioteca Municipal.

Ler máis »