Hoxe é Sábado 14 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Resultados da busqueda:

Literaturas nas ondas

Mª José Villar fálanos de dúas sagas familiares de premio: a novela de Xesús Fraga “Virtudes (e misterios) que vén de ser galardoada co Premio Nacional de Literatura e o Premio Alfaguara “Los abismos” da escritora Pilar Quintana.

Ler máis »

As Bibliotecas sumaron 250 novos usuarios e usuarias ao longo do pasado ano

As 7.500 persoas que contan con carné da biblioteca Valle Inclán en Redondela e Xela Arias en Chapela retiraron ao longo de 2025 un total de 15.000 préstamos. Un fondo bibliográfico que se viu incrementado no mesmo período coa adquisición de máis de mil documentos. Unhas bibliotecas que veñen de premiar a Uxía García López, unha das persoas participantes no Radio Reto Lector que levou a máis de vinte persoas a pasar polos micrófonos da Radio Municipal para facer as

Ler máis »

Lecturas radiofónicas de poemas escritos por mulleres para conmemorar o Día das Escritoras

O Día das Escritoras é unha conmemoración que busca reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras. Promovido pola Biblioteca Nacional de España xunto á Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas, este ano celebrarase o día 18 de outubro baixo o lema “Ler as idades da vida”. Para celebrar esta data durante toda a semana e

Ler máis »
A Estación

Tempo de Jazz

Tempo de Jazz Tempo, unha hora á beira da media noite; tempo, a velocidade da música. “Tempo de Jazz”, un recanto na noite dos martes -con repetición os sábados- para enchelo de música e palabras. Remataba o verán de 2001 cando botamos a voar esta idea, este programa que camiña agora ao seu décimo cuarto aniversario. Nesta a nosa historia de noites -desde o 11 de outubro de 2005, pois ata entón emitiamos de tarde- ata febreiro de 2015, cando

Ler máis »

Lectura radiofónica para conmemorar a “chegada” do Nautilus á Enseada de San Simón

Co gallo da conmemoración do 150 aniversario da “chegada” do Nautilus á Enseada de San Simón, as Bibliotecas de Redondela e a Radio Municipal organizan unha  lectura radiofónica da obra de Jules Verne “Vinte mil leguas baixo dos mares” á que convidan a participar a toda a cidadanía. As persoas interesadas deberán achegarse as instalacións da emisora para proceder a gravación dun fragmento da obra. Unha lectura pública a través das ondas que busca homenaxear unha das obras fundamentais da

Ler máis »