www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 3 de Xuño de 2020


Institucional • 3/06/2020

Máis de 40 establecementos do municipio xa forman parte da nova plataforma de venda dixital posta en marcha polo Concello, e están a comezar a súa formación en mercadotecnia "on line" para sacar o máximo beneficio desta nova ferramenta. Outra medida para favorecer a situación económica de negocios e familias é o fraccionamento do pago dos impostos municipais.


Sociedade • 2/06/2020

Co retorno á actividade, logo do parón dos meses de marzo e abril polo Estado de Alarma e a hibernación da economía, o emprego volve crecer na nosa bisbarra, con menos persoas en situación de desemprego que hai 30 días. No caso de Redondela son 70 as persoas que atoparon emprego, unha cifra optimista pero que non logra recuperar os 88 empregos perdidos en marzo ou os 278 que se perderon en abril por mor da pandemia.


Sociedade • 2/06/2020

Hoxe, día 2, retomaba a súa actividade o mercado ao aire libre en Chapela, e o sábado día 6 será a quenda da feira de Redondela. Desde o Concello decidiron adiar ata esta semana a súa celebración para garantir "todas as medidas de seguridade sanitaria". Á separación entre postos engádense os sentidos únicos de circulación para os usuarios.


Deporte • 2/06/2020

O Choco aposta pola continuidade no seu equipo xuvenil. Segue como adestrador Alberto Suárez, con Pablo Couñago e Hugo Álvarez como segundos na máxima categoría do fútbol xuvenil. Corpo técnico, xogadores e club afrontan esta nova etapa histórica "con responsabilidade e ilusión".


Deporte • 2/06/2020

Jacobo e Marcos Montes vivirán a próxima temporada a súa primeira aventura lonxe de casa. Será en terras salmantinas para adestrar ao Guijuelo de Segunda División B, logo do seu paso polo Coruxo e o Celta B. De manterse a distribución actual dos grupos, os redondeláns non se enfrontarán aos seus antigos equipos.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xun 2020 >>
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     

Próximos Eventos...
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia