
- Este evento pasou.
VIII Encontro da Canción galega
Xuño 8 @ 19:00 - 20:00
A VIII edición do Encontro da Canción galega reúne no Multiúsos catro agrupacións de toda Galicia
A Rondalla Vila das Pontes da Coruña, a Coral O Son dos Cantares de Mos e o orfeón de Trives de Ourense participan neste festival no que actuará tamén a coral de San Esteban de Negros, organizadora do evento xunto coa Asociación de veciños da parroquia. A actuación terá lugar no Multiúsos da Xunqueira este domingo 8 de xuño a partir das 19:00 horas con entrada de balde.