Teatro de papel
Febreiro 1 @ 18:00 - 20:00
A compañía Rauxa e Cía chega a Redondela co seu “Teatro de papel”. Un espectáculo de circo contemporáneo que a través de títeres, traballo de clown e teatro físico busca reivindicar o poder da imaxinación que chegará a Redondela o 1 de febreiro. Unha actividade enmarcada dentro do VIII ciclo de treatro infantil de Redondela. Todas as actuacións terán lugar no Multiúsos da Xunqueira ás 18:00 horas a un prezo de 3 euros.