
- Este evento pasou.
Teatro afeccionado en Chapela
Xaneiro 18 @ 20:00 - 22:00
Actuación o sábado 18 ás 20:00 horas do grupo Lúa cheia de Poio coa obra “Resart, residencia de artistas” no Multiúsos do Pieiral do Crego con entrada de balde. Unha comedia que se desenvolve nunha residencia de anciáns cuxos usuarios comparten o feito de ter sido artistas. Unha obra enmarcada no ciclo de teatro afeccionado que organiza a Asociación cultural e social de Chapela en colaboración co concello de Redondela.