
- Este evento pasou.
Tanxarina: “Territorios de liberdade”
Febreiro 15 @ 20:00 - 21:30
O 15 de febreiro ás 20:00 horas o auditorio da Xunqueira acollerá a obra “Territorios de Liberdade”, unha coprodución do grupo redondelán Tanxarina, Companhia Certa, de Portugal, e o Centro Dramático Galego. Este novo espectáculo, no que participan os redondeláns Luis Borines, Andrés Giráldez e Tatán, reflexiona sobre a liberdade cunha posta en escena que celebra o 50 aniversario da Revolución dos Caraveis.
O prezo é de 4 euros.