Hoxe é Venres 12 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

SUSPENDIDO Semana Samaín Soutomaior: Noite das Ánimas

Outubro 31 @ 17:30 - 22:00

Concello de Soutomaior continúa a súa vibrante programación do Samaín cunha xornada especial o vindeiro venres 31 de outubro en Arcade, centrada en actividades familiares cheas de creatividade e tradición celta. A festa, que se estenderá ata o 2 de novembro, convida a toda a veciñanza a sumarse a un programa de balde con prazas limitadas.

Esta xornada arrincará ás 17:45 horas cun obradoiro de lanternas, arañas e maquillaxe na Praza  Cima de Vila, dirixido a familias e con capacidade para 25 persoas. Ás 19:00 horas, a ‘Subumbra’, unha procesión das ánimas a cargo de Troula Animación, percorrerá o desde o Cruce da Praza de Cima de Vila, pasando por Xosé Solla ata Talo Río dando comezo á Noite das Animas. Os participantes poden unirse coas súas velas, cirios ou cabazas alumeadas para crear unha atmosfera máxica, ata as 20:15 horas.

A partir das 20:30 horas en Tal o Río, o espectáculo musical ‘Esqueletes Bailade’ animará a noite con ritmos divertidos para público infantil e familiar. Ademais, a ‘Casa da Escuridade’ ofrecerá animacións e xogos con acceso por quendas , e un tren asador de castañas pechará a velada.

Detalles

Data:
Outubro 31
Hora:
17:30 - 22:00