Hoxe é Luns 8 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Semana Samaín Soutomaior: escaperoom ‘Quen ten cú ten medo’

Novembro 2 @ 18:30 - 21:00

O Concello de Soutomaior culmina a súa Semana do Samaín cunha actividade chea de suspense o domingo 2 de novembro na Finca Cafexo-Massó. O escape room titulado ‘Quen ten cú ten medo’ desafiará aos participantes cunha experiencia de misterio e aventura temática, dirixida a público xuvenil e adulto (+14 anos).

A sesión, de balde e con capacidade limitada a 50 prazas, desenvolverase de 18:30 a 21:00 horas. Ideal para os amantes do terror e o traballo en equipo, esta proposta pecha un ciclo festivo que comezou o 26 de outubro con obradoiros, procesións e cine temático.

As inscricións en liña están abertas desde o 17 ata o 29 de outubro na web municipal no enderezo https://soutomaior.gal/actividades/

Detalles

Data:
Novembro 2
Hora:
18:30 - 21:00