Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Rock Redondela

Maio 31 @ 18:00 - 23:55

Do 29 de maio ao 2 de xuño Redondela celebra a súa semana grande coas Festas da Coca, onde a tradición e a mellor oferta musical van da man.

O venres a noite está reservada para os amantes do rock co programa Rock Redondela e as actuacións dos grupos locais Chocolate Sexy (21:00 horas), Volvoreta(22:15 horas) e RMS (23:30 horas) e o peche cos sevillanos Reincidentes (01:00 horas), autores de grandes éxitos do punk rock como “Vicio”, “Grana y oro” ou “Ay Dolores”.

O deportes tamén estará presente na programación coa competición “Balonmán na rúa” o venres desde as 18.00 horas na pista da Xunqueira e a Alameda Castelao.

O sábado o público poderá gozar do concerto de Revólver, liderado polo artista Carlos Goñi. A banda fará unha parada en Redondela dentro da súa xira “Playlist Tour” cun concerto no que os asistentes vibrarán ao ritmo de grandes éxitos como “El roce de tu piel”, “Si es tan solo amor” ou “Faro de Lisboa”, xunto cos temas do seu último disco, no que presentan versións de grandes éxitos da música en español con temas de Pereza, Amaral e Elefantes, entre outros.

Detalles

Data:
Maio 31
Hora:
18:00 - 23:55