Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Programa conciliación en Soutomaior

Maio 24 @ 08:00 - 17:00

O programa “Trouleando en Soutomaior” amplía a idade dos participantes ata os 16 e anos co obxecto de dar este servizo ás familias con nenos e nenas pero tamén con adolescentes. A iniciativa desenvolverase dende o 24 de xuño ata o 6 de setembro, abarcando así a totalidade do período non lectivo da rapazada. As actividades enmarcadas dentro deste programa, que busca favorecer a conciliación laboral e familiar das familias así como ofertar aos menores un espazo no que se divertir nas vacacións, desenvolverase no Multiúsos de Arcade e contará con seis quendas. O horario previsto pode ademais varias en función das necesidades dos participantes, que poderán ir de 9:00 a 14:00 horas, ampliar unha hora máis con plan madruga a partir das oito da mañá ou incluso prolongar este horario ata as tres da tarde.

As inscricións están xa abertas tanto en liña, na propia páxina web do concello de Soutomaior, como de xeito presencial no CIM no Multiúsos de Arcade ata o 24 de maio.

Detalles

Data:
Maio 24
Hora:
08:00 - 17:00