- Este evento pasou.
Presentación do “Calendario histórico de Redondela”
Novembro 20 @ 19:30 - 21:30
O responsable do blog “Anecdotario Redondelán”, Juan Migueles dá un paso máis na súa teima de recompilar e divulgar a historia de Redondela. Faino a través dun libro que presenta a historia local como un calendario de feitos destacados acontecidos no noso concello. O libro, editado por Alvarellos Editorial e promovido dende Normalización Lingüística, está ilustrado con máis de cen fotografías e xa está a venda nas librarías. O libro xa está a venda nas librarías a un prezo de 23’90 euros e está prevista unha presentación pública o xoves 20 de novembro ás 19:30 na Oficina de Turismo.