Presentación de obras para o ArteLixo
Marzo 22 @ 08:00 - 17:00
Artelixo convida a reflexionar sobre o mar e amplía o prazo para presentar obras ata o 22 de marzo
O certame ecoloxista, reivindicativo e artístico máis senlleiro regresa un ano máis co obxectivo de encher as rúas, prazas e escaparates da vila de propostas artísticas elaboradas con material de refugallo. A cita desenvolverase dende o 28 de marzo ata o 11 de abril. Colectivos, colexios, artistas e veciñanza en xeral está chamados a participar previa inscrición que se amplía ata o 22 de marzo.