Premio en prol da igualdade “María a das mil Flores”
20 Novembro 2025 @ 08:00 - 15 Xaneiro 2026 @ 22:00
Ábrese a convocatoria pública para o premio municipal en prol da Igualdade .
O Consello Feminista Municipal do Concello de Soutomaior acordou con respecto ao 8M do vindeiro 2026, abrir a proposta do recoñecemento municipal Premio “María a das Mil Flores” á cidadanía do Concello en xeral, para que poidan aportar nomeamento de mulleres non coñecidas ou con menos visibilidade, e ao tempo abrir á participación a todas as persoas que queiran participar.
As propostas deberán ser presentadas a través do rexistro xeral do Concello e fundamentadas brevemente sobre os méritos da perdoa ou colectivo proposto con anterioridade ao 15 de xaneiro do 2026, data en que será convocada a próxima reunión extraordinaria para a votación e nomeamento da persoa ou colectivo elixido.