- Este evento pasou.
Observación do ceo nocturno en Redondela
Setembro 12 @ 21:30 - 23:30
Galicia Suroeste promove un ciclo de actividades de iniciación á observación dos ceos nocturnos que chega esta fin de semana a Redondela. A cita será este venres 12 setembro ás 21:45 horas. As persoas interesadas deben inscribirse previamente no enderezo galiciasuroeste.gal.
As actividades, dentro do programa “Os Ceos de Galicia Suroeste” consistirán en saídas nocturnas realizadas por guías turísticas certificadas pola Fundación Starlight, que permitirán ás persoas interesadas descubrir unha nova forma de mirar ao ceo e iniciarse no mundo do astroturismo.
O ciclo arrancou a inicios de mes en Mos e este venres día 12 chega a Redondela, o sábado 13 a Fornelos de Montes e o venres 26 ao concello de Soutomaior.
O punto de encontro para o desenvolvemento da actividade será enviado a cada unha das persoas participantes logo da súa inscrición e aconséllase levar roupa cómoda e de abrigo así como unha esterilla ou manta para sentarse ou tombarse no chan.