
- Este evento pasou.
“O Corno” e Jaione Camborda en Arcade
21 Outubro 2023 @ 19:30 - 22:00
O Multiùsos de Arcade acolle o sábado a proxección da aclamada O Corno, premiada coa Concha de Ouro no festival de San Sebastián deste ano. A directora Jaione Camborda lévanos ata a Illa de Arousa no ano 1971. María gaña a vida recollendo marisco e tamén é coñecida pro axudar a outras mulleres no parto. Un suceso inesperado vaina obrigar a fuxir e emprender unha perigosa viaxe, cruzando a fronteira por unha das rutas de contrabandistas entre Galicia e Portugal. A proxección será ás 19:30 horas e a continuación o público poderá conversar coa directora.