Hoxe é Xoves 5 de Xuño de 2025
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Nadal Total na Biblioteca de Redondela

18 Decembro 2024 @ 08:00 - 20 Decembro 2024 @ 20:00

Un ano máis chega á Biblioteca Municipal a programación do Nadal Total organizado pola Fundación Filomena Rivero Alonso. As actividades desenvolveranse na sala infantil da biblioteca de Redondela e  contarán coa contadora Olga Cuervo e a ilustradora Chus Rojo.

Os contacontos desenvolveranse o mércores 18 e o venres 20. Dúas sesión ás seis da tarde nas que Olga Cuervo achegará aos asistentes, nenos e nenas a partir de 3 anos, o seu “Contos de amor polo Nadal” on entrada de balde ata completar o aforo.

No mesmo espazo este xoves 19 en horario de 17:30 a 19:00 horas impartirase un taller de postais de Nadal a cargo da ilustradora Chus Rojo. Orientado a rapazada de 5 a 8 anos compre inscrición previa na biblioteca a través do teléfono 986401561.

Detalles

Comezo:
18 Decembro 2024 @ 08:00
Remate:
20 Decembro 2024 @ 20:00
Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: