Maxia e teatro no Multiúsos
Marzo 1 @ 18:00 - 20:00
Cayetano Lledó volve facer parada no noso concello o domingo 1 de marzo con “Un show incríbel”, un espectáculo no que combina maxia, humor e música que levará ao espectador a través dun mundo de fantasía onde o imposible faise realidade. Todas as actuacións terán lugar no Multiúsos da Xunqueira ás 18:00 horas a un prezo de 3 euros.