
- Este evento pasou.
Marcha ciclista en Cedeira
Xuño 8 @ 10:00 - 14:00
O centro cultural da parroquia organiza a XXXIII edición da súa marcha cicloturista que se celebrará o vindeiro domingo 8 de xuño. A saída está prevista ás 10:00 horas dende a sede do centro e o percorrido levará aos participantes ata o peirao de Cesantes, lugar onde se encamiñarán novamente cara o centro cultural.
Os participantes deberán recoller o dorsal media hora antes da saída onde se lles entregará tamén unha camiseta da organización. Ao finalizar a marcha sortearanse bicicletas así como diferente material deportivo entre todos os ciclistas participantes.
Esta cita deportiva conta coa colaboración do Concello, a Deputación de Pontevedra e a Comunidade de montes de Cedeira.