- Este evento pasou.
Magosto popular na Alameda de Chapela
Novembro 8 @ 18:00 - 23:00
O Círculo Recreativo Cultural de Chapela celebra o sábado 8 a partir das 19:00 horas o seu magosto popular que se desenvolverá na Alameda Rosalía de Castro e contará con carpa e música en directo.
Dende a dirección do Círculo lembran que é imprescindible inscribirse previamente na cantina onde se lles entregará un vale. Os socios recibirán gratis unha botella de viño, unha ración e castañas e un choripán . O prezo para os non socios é de 10 euros.