O día 30 de abril continúa a programación da Festa do Choco cun concerto tributo a Juaquín Sabina da man de "La Península Sabinera". Comezará ás 21:30h na Carpa da Alameda de Castelao e será o remate perfecto do día.
Este ano a Festa do Choco inclúe na súa programación o "Día dos Maios", un evento que os redondeláns levan celebrando máis de 60 anos. A celebración comeza ás 11:00h da mañán no lugar de sempre, na Alameda de Castelao.
O centro cultural de Cedeira celebra este domingo día 1 de maio unha actividade festiva e musical en homenaxe ás nais a partir das sete da tarde. Actuarán as corais “os cantares de Mos”, a coral polifónica A Raiña do centro cultural de Cedeira. A entrada será libre ata completar o aforo. O acto conta […]
Este ano a Festa do Choco programa concertos para todos os gustos. O día 6 de maio tocarán o grupo vigués de versións de clásicos do rock español "La Supersonic". O evento comezará ás 19:00h da tarde na Praza da Constitución.
A quinta xornada da Festa do Choco de Redondela comezará o 7 de maio co grupo de gaitas redondeláns "Os xuvenís de Chapela" e "Asubíos de Porto Cedeira". O evento comeza ás 11:00h da mañá no Pasarrúas.
O propietario e cociñeiro de Maruja Limón é un dos poucos cociñeiros vigueses que conta cunha estrella Michelín. O día 7 de maio ás 12:00h estará na Alameda de Castelao con motivo da Festa do Choco.
Na quinta xornada da Festa do Choco continúan as rutas en barco pola Illa de San Simón. O barco saíra do Porto de Cesantes ás 12:00h e as 16:30h. Este ano a Festa do Choco inclúe eventos culturais e visitas turísticas ao noso patrimonio. O prezo son 4 euros por persoa e estarán a disposición […]
A compañía teatral Kaldi trae a Redondela o seu primeiro espectáculo titulado "Al grano". O evento organizado polo Concello para a Festa do Choco comezará ás 17:30h na Praza da Casa da Torre.
A XXXV Festa do Choco de Redondela trae moitas novidades, entre elas eventos culturais. O día 7 de maio programan un concerto humorístico de Harpo, Chico e Zeppo. O espectáculo comenzará as 18:00h da tarde na Praza de Santiago Apóstol.
O día 7 de maio a Festa do Choco programa un concerto da banda de blues Irevire con Zeltia como vocalista e guitarra. Comezará ás 19:15h da tarde na Praza da Constitución.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.