Hoxe é Venres 3 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

III marcha contra o Cancro

A Asociación contra el cáncer de Redondela organiza o domingo 5 de  xuño unha actividade de visibilización na que poden participar todas as persoas que o desexen e que consistirá nunha marcha de 8 kilómetros de dificultade baixa. A saída partirá dende a Alameda de Redondela ás 10:30 horas e s persoas participantes percorrerán o […]

Carlos Taibo no Multiúsos da Xunqueira

O escritor e profesor en Ciencia Política, Carlos Taibo será o encargado de impartir esta charla que se desenvolverá no multiúsos da Xunqueira o xoves 9 ás 20:00 horas. Unha actividade organizada polo #ColectivoRepublicano en colaboración co Concello de Redondela “Nin guerra entre pobos nin paz entre clases” é o título da conferencia que se […]

Desfilede Xigantes e Cabezudos

O primeiro día da Festa da Coca de Redondela, os tradicionais Xigantes e Cabezudos desfilarán polas rúas de Redondela acompañados polo grupo de gaitas Airiños de San Simón.

Inauguración da Festa da Coca

O acto de inauguración da Festa da Coca comezará coa lectura do pregón na praza do cncello a cargo de Pilar Martínez, fundadora da ONG Da Man. Ademais, durante o acto faise un homenaxe ás e os alfombristas e a José Ramón Núñez polo seu traballo como organizador da Danza das Espadas.

Concerto do Grupo América

O Grupo América será o primeiro en tocar durante a Festa da Coca. Comezará ás 22:00h no Campo da Feira.

Traslado da Virxe “A Gabacha”

Como tradición pola Celebración da Festa da Coca terá lugar o traslado da Virxe "A Gabacha". Comezará na Igrexa de Vilavella e rematará na Igrexa de Santiago de Redondela, acompañada pola Danza das Espadas, das Penlas e a Banda de Música de Redondela.

Desfile da Coca

Ás  12:00h terá lugar o Desfile da Coca cos Mordomos e Diañiños, acompañada por xigantes e Cabezudos ao son do grupo de gaitas Son do castro.

Procesión e Danza da Festa da Coca

Á 13:00h da tarde terá lugar a Procesión polas rúas de Redondela decoradas con alfombras florais, acompañada pola Banda de Música Municipal de Redondela. Ademais comezará o Baile de homenaxe da Danza das Espadas e das Penlas na Praza da Constitución.