Hoxe é Luns 8 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Horta ecolóxica

A Fundación Formavigo adica o mes de outubro en Redondela á promoción de actividades vencelladas á alimentación saudable. Un programa que inclúe unha actividade en torno á horta ecolóxica que se desenvolverá dende o 8 de outubro ao 20 de novembro os mércores e xoves en horario de 16:30 a 19:30 horas no Multiúsos da […]

Doazón de sangue en Redondela e Chapela

Unha unidade móbil de ADOS estará situada o xoves 9 na Alameda de Chapela en horario de 15:30 a 21:00 horas e o venres e sábado ao carón do Concello. O día 10 en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas, e o sábado 11 de 10:00 a 15:00 horas.  

Chocolate con estrelas

O Concello de Soutomaior organiza unha quedada para gozar do ceo e das estrelas. Será o venres 10 de outubro na Casa do Pobo de Moreira. Unha actividade de balde e sen inscrición previa pensada para todos os públicos que poderán gozar das astronomía e dun chocolate para acompañar. Aconséllase aos participantes que acodan ben […]

Percorrido pola vía verde e orientaventura en Cesantes

A oficina de turismo abre o prazo de inscricións en dáus actividades previstas para o  domingo 12 de outubro: un percorrido pola vía verde de Chapela ás dez da maña e unha actividades de orientaventura en Cesantes en horario de tarde, de 17:00 a 19:00 horas. . As inscricións deben realizarse na Oficina de Turismo, […]

Chala sobre alimentación a partir dos 60

A Fundación Formavigo adica o mes de outubro en Redondela á promoción de actividades vencelladas á alimentación saudable. Dentro desta programación o martes 14 en horario de 10:00 a 13:00 horas organizan unha charla formativa sobre como alimentarnos despois dos 60 anos. Unha actividade práctica, na que o nutricionista Jaime Juncal achegará aos asistentes información, […]

Club de arte na Biblioteca

«Tropa creativa» club de arte para a rapazada na Biblioteca Xela Arias A iniciativa está pensada para rapaces e rapazas que teñan entre 8 e 12 anos de idade. A actividade, organizada dende as Bibliotecas municipais estará impartida pola ilustradora Nusy Lo e impartirase unha vez ao mes en horario de 18:00 a 19:30 horas […]

Kayak pola Portela

A oficina de turismo abre o prazo de inscrición para anotarse nunha saída en kayak pola zona da Portela que se celebra o sábado 18 de outubro en horario de 11:00 a 13:30 horas. A actividade ten un custe de 20 euros por persoa. As inscricións deben realizarse na Oficina de Turismo, no teléfono 986 […]

Celebración do Ano Castelao en Reboreda

A Asociación Amigos do Carballo das Cen Pólas e a Sociedade cultural de Reboreda organizan os días 24 e 25 de outubro actividades centradas na figura do político, escritor e ilustrador Daniel Rodríguez Castelao no ano no que se conmemora o 75 aniversario do seu pasamento. Un concerto o venres 24 na Sociedade Cultural de […]

Concerto dos Carunchos

O Multiúsos do Piñeiral acolle o Día das Bibliotecas, venres 24 de outubro ás 20:00 horas un concerto a cargo de Os Carunchos quen presentará o seu libro disco “Unha gorxa chea de paxaros” cheo de poemas de Manuel María. Unha actividade organizada co gallo da conmemoración do XX aniversario da Biblioteca Xela Arias de […]

VI Festival Casto Sampedro

O sábado 25 de outubro de 2025, Redondela acollerá a sexta edición do Festival Casto Sampedro, un evento musical de tradición galega que terá lugar no Multiusos da Xunqueira a partir das 19:30 horas, cunha entrada de balde. O cartel inclúe actuacións destacadas de A.F. Vila de Baiona coas Pandereteiras do Monte Boi e A.F […]

XI Motocallada

Os afeccionados ás motos teñen cita este domingo, 26 de outubro, coa undécima edición da Motocallada de Redondela. O evento, que se celebra no Campo da Feira, convoca a todos os entusiastas das dúas rodas a partir das 10:00 horas da mañá para unha xornada chea de camaraderie, rutas polas estradas locais e un xantar […]

Observación de aves

O programa de saidas medioambientais do Concello péchase o domingo 26 cunha actividades de iniciación á observación de aves tamén na zona da Portela en horario de mañá. Inscrición de balde na Oficina de Turismo, no teléfono 986 40 17 13 ou no correo turismo@redondela.gal.