Hoxe é Luns 20 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Axudas comedor escolar

As persoas interesadas en solicitar as axudas de comedor escolar para nenos escolarizados en centro públicos do municipio teñen de prazo ata o 27 de setembro. Máis información na páxina web www.redondela.gal

Limpeza do río Maceiras

O domingo 27 ás 10:00 horas con saída dende o composteiro do Salgueiral. Inscrición en artelixoredondelamail.com.

Xornada de limpeza en Chapela

A Asociación de veciños da parroquia busca poñer en valor unha zona de especial relevancia por tratarse do "último reduto de natureza" no centro urbano de Chapela. Convocan así aos veciños a participar nunha xornada de limpeza que se vai desenvolver o domingo 27 ás 10:30 horas nos arredores do lavadoiro público que existe xunto […]

Visitas guiadas ao cemiterio dos Eidos

Visitas de balde organizadas polo Concello os mércores, venres e sábados ás 20:30 horas previa inscrición na oficina de turismo. Unha activiade que busca poñeren valor un camposanto que reabría as súas portas a medidados de Agosto tras unha profunda remodelación.

Concurso fotográfico

O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy ten aberto ata o 3 de novembro o prazo para a presentación de imaxes aos seus XV Concurso fotográfico dotado con 600 euros en premios. As bases pódense consultar na páxina web do Obradoiro.

Conto concerto con Xoán Curiel

O Multiúsos do Piñeiral acolle o xoves 1 ás 18:30 horas un espectáculo infantil baixo o título "Como montar  a túa banda". Un conto concerto de Xoán Curiel orientado a nenos e nenas de 5 a 10 anos. Unha proposta da biblioteca de Chapela para celebrar o seu 15 aniversario.

Exposición Angel Barros

O Multiúsos da Xunqueira acolle máis de medio cento de obras, entre cadros e instalacións, do pintor e restaurador Angel Barros. Unhs exposición crítica e reivindicativa que se pode visitar ata o 15 de novembro con visitas guiadas nas mañás de mércores e venres. Inscrición na oficina de turismo turismo@redondela.gal