Hoxe é Xoves 11 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aluguer da cantina do Centro Cultural de Cabeiro

O centro cultural e social de Cabeiro saca a poxa a cantina do centro por espacio de catro anos. O contrato de alugueiro entraría en vigor no ano 2025. Poden concorrer a este concurso tanto socios como non socios e persoas que desexen poñer en marcha este servizo independentemente da súa procedencia. As persoas interesadas […]

Nadal Total na Biblioteca de Redondela

Un ano máis chega á Biblioteca Municipal a programación do Nadal Total organizado pola Fundación Filomena Rivero Alonso. As actividades desenvolveranse na sala infantil da biblioteca de Redondela e  contarán coa contadora Olga Cuervo e a ilustradora Chus Rojo. Os contacontos desenvolveranse o mércores 18 e o venres 20. Dúas sesión ás seis da tarde […]

Exposición homenaxe a Pablo Couñago

A selección sub-20 acadaba hai 25 anos un fito histórico: proclamábase campioa do mundo sendo así a primeira selección española en facerse cun mundial de fútbol. Nese equipo atopábase o xogador redondelán Pablo Couñago, quen recibía ademais a Bota de Ouro do torneo. Co gallo deste aniversario o Multiúsos acolle dende o 13 de decembro […]

Mercadiño de segunda man

O concello de Soutomaior celebra un mercado de 2ª man o venres 20 de decembro co obxecto de dar unha segunda vida a eses obxectos que xa non precisamos pero que poden ser de utilidade a outras persoas pro atoparse en bo estado de conservación. Este mercado veciñal e solidario levarase a cabo o día […]

Concerto de Nadal do Conservatorio

O conservatorio Victor Ureña de Redondela celebra o venres 20 ás 20:00 horas o seu tradicional concerto de Nadal. Participan alumnos e alumnas de todas as especialidades instrumentais como o ensemble de clarinetes e a banda de música ademais do coro. Interpretarán pezas típicas da época como “Churumbelerias” ou “White Christmas así como unha selección […]

Videomapping no Castelo de Soutomaior

O 21 de decembro volve o videomapping que se estreou o pasado ano con grande éxito. Será un espectáculo gratuíto de imaxes e efectos visuais proxectado na Torre da Homenaxe do Castelo. As proxeccións realizaranse todos os días, exceptuando o 24, 25 e 31 de decembro e o 1 de xaneiro, desde as 19:00 ás […]

Festival de Nadal con Anaquiños

O Grupo Folclórico “Anaquiños” de Chapela (Redondela), celebra este sábado 21 de decembro o seu “Nadal Folclórico”, unha cita musical e de baile que veñen realizando dende hai anos. O acto dará comezo ás 18:00 h. no Multiusos do Piñeiral de Chapela, con entrada de balde, e participarán todas as seccións que forman o Grupo […]

Festival de Panxoliñas e Canción Tradicional

O Auditorio da Xunqueira acolle esta fin de semana, os días 21 e 22 de decembro, unha nova edición do Panxoliñas e Canción Tradicional. O concertos comezarán o sábado ás 18.00 horas coas actuacións do Coro Tradicional Tirapuxa Trasmañó, a Coral San Estevo e a Coral da S.L.C. de Reboreda. O domingo o festival comezará […]

Brais das Hortas en Vilar

Enmarcado dentro do II Ciclo infantil “Queremos galego” da programación de Nadal do Concello, o teatro chega ao Centro Cultural de Vilar de Infesta o domingo 22 de decembro con Brais das Hortas. O artista ofrecerá ás 18:00 horas o espectáculo “Consertasso a horta”, con música e humor para todos os públicos.

O Apalpador visita Cesantes

O II Ciclo infantil “Queremos galego” da programación de Nadal do Concello chega a Cesantes, será coa tradicional figura do Nadal galego, o Apalpador, quen visitará o Centro Cultural o día 23 de decembro ás 18.00 horas para reunirse coa rapazada.

Scaperoom no Castelo de Soutomaior

O xogo de escapismo, con entradas a venda dende o xoves 19, forma parte do programa “O Noso Nadal” da Deputación de Pontevedra. Celebrarase os días 26 e 27 de decembro  e 2, 3, 4, 11 e 12 de xaneiro con pases ás 11:00, 12:00, 16:00, 17:00 e 18:00horas e as entradas poden adquirirse a […]

A bailar no Nadal en Chapela

O Multiúsos de Chapela acollerá o espectáculo musical “A Bailar no Nadal” de Animar-T o venres 27 de decembro ás 18.00 horas. Unha actividade enmarcada no II ciclo infantil interparroquial que organiza o Concello de Redondela