Hoxe é Luns 8 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tanxarina: “Territorios de liberdade”

O 15 de febreiro ás 20:00 horas o auditorio da Xunqueira acollerá a obra “Territorios de Liberdade”, unha coprodución do grupo redondelán Tanxarina, Companhia Certa, de Portugal, e o Centro Dramático Galego. Este novo espectáculo, no que participan os redondeláns Luis Borines, Andrés Giráldez e Tatán, reflexiona sobre a liberdade cunha posta en escena que […]

Concerto de Tino Baz en Soutomaior

A cita musical será este sábado 15 ás 20 horas con entrada de balde. O concerto que leva por nome “Rosalía na nosa voz” corre a cargo de Tino Baz, autor do disco sobre poemas de Rosalía de Castro “Se cantas es ti que cantas”. Un traballo con 11 cancións a partir dos textos da poeta […]

Día dos namorados en Cedeira

O Centro Cultural de Cedeira celebra o sábado 15 a partir das 21:00 horas unha festa co gallo da celebración do Día dos Namorados na que haberá photocall para as parellas, agasallos e música en directo. A entrada é gratuíta.

Aquí tou! Un monólogo de Xosé A. Touriñán

O domingo 16 de febreiro o Multiusos da Xunqueira acolle o monólogo do actor galego Xosé Antonio Touriñán, coa obra “Aquí Tou!”, ás 19.00 horas e entrada a 15 euros. En Aquí Tou!, Touriñán fai un percorrido pola súa vida, dende a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Momentos chave do […]

Charla de Amelia Tiganus

A oradora, escritora, activista feminista e formadora  en obradoiros sobre a abolición da prostitución e violencias sexuais e estará connosco o xoves 20 de febreiro ás 20:00h. no Multiúsos (entrada de balde ata completar o aforo). Tiganus será a encargada de abrir o programa “Eira de actualidade” que pon en marcha o Concello de Soutomaior […]

Do Artelixo ao ALTRIlixo

A cita coa arte reciclada celebrarase en Redondela do 4 ao 12 de abril. O reivindicativo certame redondelá dedica a edición deste ano á ameaza que para Galicia supón o proxecto de macrocelulosa de Altri. As obras, que teñen que estar feitas con material de refugallo, expoñeranse polas rúas, prazas e escaparates de Redondela. As […]

Concerto de Airiños da Peneda

Concerto de Airiños da Peneda - un dos mellores exemplos de música tradicional da comarca - de balde no Multiusos da Xunqueira o 22 de febreiro ás 20:00 horas.

VII Ciclo de Teatro Infantil: Ándale! Bon appétit!

O VII Ciclo de Teatro Infantil continúa coa obra “Ándale! Bon appétit!” do grupo Ghazafellos o 23 de febreiro ás 18:00 horas no Multiusos da Xunqueira. Trátase da reposición da exitosa obra de Teatro Ghazafelhos 'Bon Appétit'. Nesta ocasión, os amantes chefs Felipe, Antonio e Francisco mostrarán a deliciosa comida mexicana facendo un pequeno repaso […]

Entroido día 1 de marzo

A rapazada será a protagonista desta xornada co Etroido Infantil e Xuvenil con obradoiros na Alameda de Castelao entre as 17.00 e as 19.30 horas. A Praza da Constitución acollerá o espectáculo do Mago Noel ás 17.30 horas, co show “Que curioso!”. A música correrá a cargo do grupo The Turre´s Band cun animado pasarrúas […]

Entroido: Desfile de comparsas

O domingo día 2 a partir das 17.00 horas terá lugar a concentración das comparsas no Campo da Feira. Ás 18.00 fará o seu pasarrúas Tío Emilio, a tradicional comparsa representativa do Entroido redondelán. A continuación será o desfile de comparsas que percorrerá as principais rúas da vila. Ás 20.30 horas será a entrega de […]

Concurso de maquetas Millo Verde

As bandas que desexen participar deberán enviar as súas propostas ao correo maketas@milloverde.org antes do 4 de marzo de 2025. Entre todas as inscricións, serán seleccionadas dúas bandas finalistas que terán a oportunidade de actuar nun concerto especial o 12 de abril de 2025 na Antiga Feira do Gando de Redondela. Poderán participar no concurso grupos e solistas residentes […]

Martes de Entroido

O día 4, Martes de Entroido ás 17.00 horas comezará o Desfile-Concurso de Disfraces individual e colectivo. As inscricións para participar poderán facerse nos soportais do Concello desde as 16.00 e a entrega de premios será ás 18.45 horas. Os máis pequenos terán o seu espazo na Alameda Castelao con diferentes obradoiros desde as 17.00 […]