Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unidade móbil da ITV en Pazos

A explanada da Casa Cultural de Pazos acollerá os días 15 e 16 de febreiro a visita da "Unidade Móbil de Inspección Técnica de Turismos para realizar as inspeccións técnicas periódicas a ditos vehículos . Estará operativa o mércores 15 en horario de 09:00h a 13:30h e 15:15h a 18:00h e o día 16 de […]

Entroido infantil

Obradoiros infantís o sábado 18 de 17:00 a 19:30 horas na Alameda Castelao e espectáculo a cargo de Troula Animación coa invasión pirata, un pasarrúas por Alfonso XII, Riberia e Xeneral Rubín a partir das seis da tarde.

Concertos de Entroido

O Campo da feira será o escenario no que actuarán tres formacións musicais a partir das 21:00 horas. os primerios en subir ao escenario será o grupo Gin Toni's, seguido pola formación Manera de Vivir, que ofrecerán un repertorio cargado de rock español dende os 80 ata a actualidade. O prato forte da noite será […]

Entroido infantil

O domingo 19 as festas do entroido arrancará cunha mostra de disfraces con protagonismo para os máis pequenos ás 11:30 horas na Alameda de Castelao e reparto de premios por categorías.

Desfile de comparsas

A tarde do domingo arrancará coa concentración das comparsas ás 17:00 horas no Campo da Feira e os pasarrúas a cargo da asociación de pescusionistas e tamborileiros Aperta.  Unha xonrada que se prolongará ata as 20:30, hora na que está previsto que se dean a coñecer as mellores comparsas deste 2023.

Martes de Entroido

Xa o martes 21, quenda do día máis participativo coas tradicionais comidas e a Queima do Meco a partir das 19:00 horas xunto co pasarrúas e espectáculo a cargo de Pablo Méndez Performances que sae da Praza de Ribadavia. Haberá tamén a posibilidade de participar nun concurso de disfraces individual e colectivo no que haberá […]

Descontos nas librarías

As librarías Carambola, La Imprenta, Mandamamá e Molière farán descontos nas compras de libros en galego o día 23 co gallo da celebración do Día de Rosalía. A clientela recibirá ademais unha flor como agasallo

Caldo de Gloria na hostalaría local

Os establecementos 78 Gastrobar, A Cova, bar Nando, Casa Chano, Don Vinarius e Pizzería Bos Aires, ofrecerán este prato dun xeito persoal “como aperitivo, como entrante ou como un prato máis dentro do menú” os días 23, 24 e 25. Unha proposta de Normalización Lingüística en colaboración coa Asociación de Empresarios.

Charla sobre a industria alimentaria

O día 24 de febreiro ás 19:30 horas no auditorio da xunqueira Jaime Juncal imparte unha Charla sobre a industria alimentaria, analizando o contexto actual e ofrecendo recomendacións para unha esta da compra saudable.

Cedeira acolle a presentación do seu libro

A Casa da Cultura de Cedeira será o escenario no que Juan Migueles presente o libro dedicado a esta parroquia e publicado polo Concello. No acto participará tamén a alcaldesa, Digna Rivas e farase entrega de exemplares de balde entre as persoas asistentes. A actividade terá lugar ás 20:00 horas.

Homenaxe popular a Rosalía

Unha das datas máis salientables da programación en torno ao Día de Rosalía organizada dende o Concello será o día 25 cun espectáculo infantil no Auditorio da Xunqueira ás 12:00 horas e, por primeira vez,  unha homenaxe popular na Alameda de Rosalía protagonizado por mulleres de diferentes ámbitos. Unha xornada na que actuará a soprano […]

Enterro do Berete

O Entroido de Chapela celébrase o 25 de febreiro ás 17 horas da tarde coa concentración de comparsas no Alto da Encarnación. A Asociación de Percusionistas e Tamborileiros ‘Aperta’ acompañará á comitiva fúnebre que partirá ás seis da tarde en dirección á Praia de Arealonga onde terá lugar a Queima do Berete ao redor das […]