Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Musical: A fraga do meu avó

Para tódolos públicos, de balde, no Multiúsos da Xunqueira. Musical: A fraga do meu avó de Mamá Cabra.  

Música con Cé Orquestra Pantasma

O centro cultural de Santo Estevo de Negros acolle o 26 de decembro ás 17:30 horas un espectáculo de música a cargo do vigués César Freiria, músico autodidacta e apaixonado dos instrumentos que co seu proxecto Cé Orquestra Pantasma ofrece un variado repertorio que anima a públicos de todas as idades. Unha proposta enmarcada no […]

Educateatro presenta O camiño de Santiago

O Multiúsos da Xunqueira acolle o martes 27 ás 18:00 horas a obra de teatro infantil O camiño de Santiago a cargo da compañía Educateatro con entrada de balde. O camiño de Santiago é a historia de Santiago e Mariña, dous irmáns que non xogan xuntos, pero que aprenderán a facelo. Como cada noite, Santiago emprende […]

Tanxarina títeres no Multiúsos

A Cazola de Lola é a obra que achegan este mércores 28 ás 18:00 horas ao Multiúsos da Xunqueira a compañía redondelá Tanxarina Títeres. Unha obra codirixida por Cándido Pazó na que actúan Eduardo Cunha “Tatán”, Miguel Borines e Andrés Giráldez. O argumento xira en torno a Lola, quen sempre arratras un cazo tras dela. […]

Paco Nogueiras en Chapela

O espectáculo musical Brinca Vai de Paco Nogueiras chega ao Multiúsos deChapela o 29 de decembro ás 18:30 horas. Unha proposta de balde enmarcada no ciclo de teatro infantil interparroquial Queremos galego. Entrada de balde.

Prebadaladas en Soutomaior

Soutomaior celebra as “Prebadaladas” na Alameda de Talo Río O Concello convida a todos os veciños a despedir o ano o venres 30 nunha festa prebadaladas que arrancará ás 16:30 horas cun obradoiro de maquillaxe. Unha hora despois haberá un espectáculo de circo “Asakocirco show”, haberá chocolatada con churros de balde e música a cargo […]

Os Bolechas visitan Chapela

Os Bolechas regresan a Redondela a presentarnos un espectáculo familiar coa burxa Befana. Desta volta, cos Bolechas o público vai coñecer outras formas de celebrar o Nadal, e outras personaxes destas datas. De feito preséntannos a Befana, a encargada de levarlles doces e xoguetes á rapazada italiana nestas datas tan especiais. O venres 30 ás […]

Concerto benéfico no Multiúsos

O pianista redondelán Alejo Amoedo e a mezzosoprano Nuria Lorenzo ofrecerán un concerto este venres 30 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira a favor da Asociación española contra o cancro en Redondela. A entrada custa 10 euros que irán a parar á asociación. As entradas pódense adquirir no propio Multiúsos ou chamando aos teléfono […]

Pre Fin de Ano Adultos

Coas actuacións da orquestra París de Noia e Disco Móbil CDC no Campito da Feira, de balde.