Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

3.COM en Reboreda

O trío musical 3.COM actúa ao 13 de agosto ás 22:00 horas no torreiro de Reboreda

Airiños do Mar de Teis

Os amantes da canción tradicional galega poderán gozár coa actuación da agrupción Airiños do Mar de Teis o 14 de agosto no torreiro do Centro Cultural A Miñoteira. O concerto arrancará ás 21:30 horas completamente de balde.

Pa ti na má

O grupo vigués é un referente dentro do seu estilo marcdo pola rumba, o flamenco máis pop e temas propios. Poderá escoitarse o venres 19 de agosto na Almaeda Rosalí de Castro en Chapela ás 21:30 horas

Herdeiros da Crus no Entroido de Verán

Un ano máis Redondela celebra o terceiro sábado de agosto (día 20) o xa tradicional entroido de verán que chega a súa XXIII edición. Unha cita festiva que contará coaas actuacións musicais de Herdeiros da Crus e De Vacas.

A Rondalla regresa a Redondela

A Rondalla de Redondela súbese ao escenario nesta ocasión na Casa da Torre para ofrecernos un concerto o domingo 21 de agosto ás 21:00 horas. Unha proposta musical enmarcada na programación cultural do Concello.

As Abeleiras en concerto

O grupo folk Abeleiras de Alxán ofrece o día 26 de agosto ás 22:00 horas un concerto na praza da Casa da Torre.

Reboreda en Jazz

A música Jazz será a protagonista neste evento que se desenvolverá na Finca do Carballo das Cen Polas o 27 de agosto ás 20:00 horas

Música no torreiro de Cedeira

A Coral a Raída de Cedeira e o grupo Cantares do Brión actúan os 28 de agosto no torreiro de Cedeiras. Un concerto ás 21:00 horas.

Pillabands en Chapela

A banda PillaBands bebe de diferentes ritmos do folclore mundial.  Cumbias, Rumba, Tango, Reagge, Balkan, Swing pasando polo filtro do folclore galego. Nun show con interacción co público chega a Chapela cun evento orientado a todos os públicos. O 2 de setembro ás 21:00 horas na Alameda Rosalía de Castro.

Concerto na Igrexa de Redondela

A Igrexa de Santiago estrea o ciclo de música antiga " Un Camiño ben temperado" no que o arpista Manuel Vilas, ofrecerá o espectáculo " Luz e norte: Música para harpa no mundo hispano" Séculos XVI ao XVIII. O sábado 03 ás 21.00h con entrada libre e de balde ata completar a capacidade máxima.

RMS na Praza da Casa da Torre

O grupo redondelán RMS ofrece un concerto o 3 de setembro ás 21:30 horas na praza da Casa da Torre. Esta formación caracterízase polas súas versións de cancións clásicas do rock.

Tanto nos ten

Dentro das actuacións folk da programación de verán, os afeccionados contan coa presenza do grupo Tanto Nos Ten. Nas  súas cancións recorren ás letras tradicionais pero tamén a composición propias qeu complementas con ritmos bailables de pasodobres, muiñeiras, mazurcas ou fox trotes. O 4 de setembro ás 21:00 horas na praza da Casa da Torre.