Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Festival Folk en Reboreda

O torreiro da parroquia de Reboreda acolle a XVIII Festival internacional de Reboreda organizado pola asociación O Carballo das cen pólas e o concello. O día 30 de xullo ás 20:00 horas.

Airiños da Peneda

Cun repertorio cargado de temas populares e tradicionais ( O burro da tia Lola, Os meus Amores, Vaite lavar morena) a formación nacida no 2006 na parroquia do Viso actuará o día 31 de xullo ás 22:00 horas na Praza da Casa da Torre

Artistas de Rúa

praza ribadavia

A programación de Artistas de Rúa comeza ás 19:30h coa compañía Fantoches Baj vai  no Pasarrúas da Praza de Ribadavia co seu espectáculo Agamelón, Chulises e o Velocíclope. Ás 20:15 na Praza da Constitución estará Fran Boza co seu espectáculo de circo clásico. Ás 21:00h continúa a Compañía Asacocirco e ás 21:45h na Alameda de […]

Ruta guiada polo Pexegueiro

.Muíños, regatos e lendas ao solpor. Actividade de balde o venres 5d e agosto ás 20:00 horas con saída dende a rúa da Pntalla (fronte ao Bar Torres). Un percorrido que contará coas explicacións do guía Alvaro Diego Fuentes

Artistas de Rúa

Ás 19:30h comeza a programación de artistas de Rúa coa compañía Troula Animación na Praza da Constitución co show de Fifo "soño". Ás 20:30h na Alameda de Castelao estará a compañía Circo Chosco co seu show de Forzu2 con Aéreos. Ás 21:30h comezana Praza de Ribadavia o Pasa Rúas da Compañía La Fam Teatre co […]

Berete Rock

O paseos marítimo de Chapela acolle o sábado 6 de agosto a partir das 21:00 horas os concertos enmarcado dentro do festival Berete Rock. Novena edición cos grupos Atreides, El Tren, Moon Cresta, Nostromo e Motores na súa xira de trinta aniversario.

Os Coribantes na Praza da Casa da Torre

Actuación do grupo Os Coribantes de Buchabade, de Ponte Caldelas quen ofrecerán un concerto no que mesturan música galega  con todo tipo de ritmos. O domingo 7 de agosto na Praza da Casa da Torre ás 21:00 horas enmarcado na programación cultural do Concello

Fla-Meco en Chapela

Catro grovense que converteron a súa paixón polo flamenco nun grupo que triunfa nos escenarios. Estarán o venres 12 de agosto ás 21:30 horas na Alameda Rosalía de Castro de Chapela.

Sheyla Patricia en concerto

A artista redondelá actuará na praza da Casa da Torre o día 13 de agosto ás 22:00 horas. Unha actuación na que presentará o seu último disco A Moura co que está a triunfar a nivel nacional e internacional.

3.COM en Reboreda

O trío musical 3.COM actúa ao 13 de agosto ás 22:00 horas no torreiro de Reboreda

Airiños do Mar de Teis

Os amantes da canción tradicional galega poderán gozár coa actuación da agrupción Airiños do Mar de Teis o 14 de agosto no torreiro do Centro Cultural A Miñoteira. O concerto arrancará ás 21:30 horas completamente de balde.

Pa ti na má

O grupo vigués é un referente dentro do seu estilo marcdo pola rumba, o flamenco máis pop e temas propios. Poderá escoitarse o venres 19 de agosto na Almaeda Rosalí de Castro en Chapela ás 21:30 horas