Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Breocáns en concerto

A formación de folk de Redondela actuará o venres día 22 de xullo na Praza da Casa da Torre ás 22:00 horas. Un grupo cun repertorio no que mesturan as músicas tradicionais galegas con música balcánica e de tradición mediterránea. Organiza a Concellería de Cultura.

Dani Fernández en Arcade

Concerto de Dani Fernández no Peirao de Arcade o venres 22 ás 22:30 horas. Entrada de balde para un concerto enmarcado na Xira do Xacobeo

Roi Casal en concerto

O sábado 23 ás 23:00 horas o músico e compositor Roi Casal presenta o espectáculo Descubrindo a Habana Galega en Soutomaior da man do Musigal. Entrada de balde no Peirao de Arcade

Susana Seivane

Unha das gaiteiras galegas con más recoñecementos nacional e internacional chega a Redondela para conmemorar o Día da Patria. Será cun concerto no paseo marítimo de Chapela o domingo 24 ás 22:00 horas con entrada de balde.

Xisco Feijoó en concerto

Concerto de música tradicional para celebrar o 25 de xullo en Redondela. Concerto de balde no Campo da feira de Redondela ás 22:00 horas no que Xisco Feijoó achegará a súa última proposta Peixe. Organiza Concello de Redondela.

M-Clan no Campo da Feira

Unha das bandas míticas do panorama musical estatal, subirase ao escenario o día 27 de xullo ás 22:00 horas no Campo da Feira de Redondela para ofrecer os seus temas clásicos e as novas composicións. Un concerto enmarcado na súa xira en formato eléctrico.

Seso Durán na Casa da Torre

O artista afincado en Redondela presenta o seu segundo disco en solitario “Ascensión”. Pop, rock e algún toque indie para un concerto de balde que se desenvolverá o día 29 de xullo ás 22:00 horas na praza da Casa da Torre. Organiza o Concello de Redondela.

Noche de estrellas

A orquestra Noche de estrella actúa no paseo marítimo de Chapela o sábado 30 ás 22:00 horas.

Festival Folk en Reboreda

O torreiro da parroquia de Reboreda acolle a XVIII Festival internacional de Reboreda organizado pola asociación O Carballo das cen pólas e o concello. O día 30 de xullo ás 20:00 horas.

Airiños da Peneda

Cun repertorio cargado de temas populares e tradicionais ( O burro da tia Lola, Os meus Amores, Vaite lavar morena) a formación nacida no 2006 na parroquia do Viso actuará o día 31 de xullo ás 22:00 horas na Praza da Casa da Torre

Artistas de Rúa

praza ribadavia

A programación de Artistas de Rúa comeza ás 19:30h coa compañía Fantoches Baj vai  no Pasarrúas da Praza de Ribadavia co seu espectáculo Agamelón, Chulises e o Velocíclope. Ás 20:15 na Praza da Constitución estará Fran Boza co seu espectáculo de circo clásico. Ás 21:00h continúa a Compañía Asacocirco e ás 21:45h na Alameda de […]

Ruta guiada polo Pexegueiro

.Muíños, regatos e lendas ao solpor. Actividade de balde o venres 5d e agosto ás 20:00 horas con saída dende a rúa da Pntalla (fronte ao Bar Torres). Un percorrido que contará coas explicacións do guía Alvaro Diego Fuentes