Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto de Sofia Espiñeira

A cantautora de Mugardos actuará en Redondela o domingo 10 de xullo ás 22:00 horas, nun concerto que se poderá ver na praza da Casa da Torre. Organiza o Concello de Redondela.

Xuntanza pola atención sanitaria

A sede do local do Colectivo Republicano, nas antigas casas dos mestres, acolle unha reunión este mércores 13 as 20:30 horas, co obxecto de analizar e abordar o deteriorado estado da atención sanitaria pública no centro de Saúde de Redondela

O faro da guía

Actuación na Alameda de Rosalía de Castro o venres 15 de xullo ás 22:00 horas. Unha proposta enmarcada na programación cultural de verán.

Rock con Elëven

A banda de heavy metal de Redondela, Elëven, formada en 2019 actuará o sábado 16 de xullo na praza da Casa da Torre ás 22:30 horas.

Miguel Costas en Concerto

O ex integrante da mítica banda Siniestro Total achegará a súa proposta musical en solitario nun concerto que se desenvolverá na praza da Casa da Torre o sábado 16 ás 23:45 horas. Organiza o Concello de Redondela.

Coral Santiago Apostol

A coral redondelá celebra o seu 50 aniversario cun concerto na praza da Casa da Torre o domingo 17 de xullo ás 21:00 horas. Organiza Concello de Redondela.

Breocáns en concerto

A formación de folk de Redondela actuará o venres día 22 de xullo na Praza da Casa da Torre ás 22:00 horas. Un grupo cun repertorio no que mesturan as músicas tradicionais galegas con música balcánica e de tradición mediterránea. Organiza a Concellería de Cultura.

Dani Fernández en Arcade

Concerto de Dani Fernández no Peirao de Arcade o venres 22 ás 22:30 horas. Entrada de balde para un concerto enmarcado na Xira do Xacobeo

Roi Casal en concerto

O sábado 23 ás 23:00 horas o músico e compositor Roi Casal presenta o espectáculo Descubrindo a Habana Galega en Soutomaior da man do Musigal. Entrada de balde no Peirao de Arcade

Susana Seivane

Unha das gaiteiras galegas con más recoñecementos nacional e internacional chega a Redondela para conmemorar o Día da Patria. Será cun concerto no paseo marítimo de Chapela o domingo 24 ás 22:00 horas con entrada de balde.

Xisco Feijoó en concerto

Concerto de música tradicional para celebrar o 25 de xullo en Redondela. Concerto de balde no Campo da feira de Redondela ás 22:00 horas no que Xisco Feijoó achegará a súa última proposta Peixe. Organiza Concello de Redondela.

M-Clan no Campo da Feira

Unha das bandas míticas do panorama musical estatal, subirase ao escenario o día 27 de xullo ás 22:00 horas no Campo da Feira de Redondela para ofrecer os seus temas clásicos e as novas composicións. Un concerto enmarcado na súa xira en formato eléctrico.